Estamos moi orgullosos de anunciar que a peña Pulpeiros Celestes xa ten un punto de encontro oficial onde vivir a nosa paixón. A Taberna Entre Viñas, situada no corazón de Bueu (Pontevedra), convértese na sede oficial da nosa peña.
Este será o lugar onde nos reuniremos para animar ao Celta, celebrar as vitorias (e pasar mellor as derrotas) rodeados do mellor ambiente e, por suposto, con bo viño e mellor pulpo. Queríamos un sitio que respirase a nosa esencia, e a hospitalidade da Taberna Entre Viñas é o encaixe perfecto para a familia pulpeira.
Que significa isto para os peñistas?
- Punto de reunión: Aquí será onde quedemos para ver os partidos do Celta cando xoguemos fóra.
- Recollida de pedidos: Se fas a túa compra na nosa tenda online, a Taberna será un dos puntos clave onde poderás recoller o teu carné e o teu pack de benvida.
- Sorteos e eventos: Estade atentos, porque organizaremos eventos exclusivos para socios neste espazo tan especial.
Se pasas por Bueu, non esquezas visitar a nosa nova casa. E xa non enroiamos máis por aquí, se queredes saber un pouco máis tedes un apartado sobre a Sede que é pa flipar!
📍 Onde estamos? O Burgo, 10B, 36938 Bueu, Pontevedra.
Agardámoste alí coas bufandas en alto! Hala Celta! 🩵🌊





